SUBSIDIO EXTRAORDINARIO PARA PERSOAS EMPREGADAS DE FOGAR
O Real Decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte ao COVID-19, regula o subsidio de desemprego excepcional por falta de actividade para as persoas integradas no Sistema Especial para Empregados de Hogar do Réxime Xeral da Seguridade Social.
Poderanse beneficiar deste subsidio extraordinario, as persoas integradas no Sistema Especial de Empregados de Fogar do Réxime Xeral da Seguridade Social que, estando en situación de alta antes da entrada en vigor do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, atópense nalgunha das seguintes situacións:
- Deixasen de prestar servizos, total ou parcialmente, con carácter temporal, a fin de reducir o risco de contaxio, por causas alleas á súa vontade, nun ou varios domicilios con motivo da crise sanitaria do COVID-19.
b) Extinguiuse o seu contrato de traballo por causas alleas á vontade da persoa traballadora e esta extinción débese á crise sanitaria do COVID-19. Os feitos causantes deberán producirse con posterioridade ao día 14 de marzo, data de entrada en vigor do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo.
Que requisitos fan falta?
A persoa empregada de fogar deberá estar ou estar de alta no Sistema Especial para Empregados de Hogar do Réxime Xeral da Seguridade Social antes do 14 de marzo, e ademais, hai que atoparse nunha das seguintes situacións:
- Ter unha redución total ou parcial na súa xornada laboral nun ou en varios domicilios, por causas alleas á súa vontade, con motivo da crise sanitaria do COVID-19.
- Ver extinguido o seu contrato de traballo por despedimento ou por desistencia do empregador ou empregadora, morte ou calquera outra causa de forza maior imputable ao empregador, sempre que as causas que determinen a extinción do contrato sexan alleas á vontade da persoa traballadora e débanse á crise sanitaria do COVID-19.
Que prazo hai para pedilo?
A solicitude do subsidio extraordinario pódese presentar en calquera momento e ata un mes despois de que finalice o estado de alarma decretado polo Goberno.
Onde se solicita?
A presentación da solicitude, acompañada dos documentos necesarios, poderá presentarse nas oficinas de correos, nas oficinas de asistencia en materia de rexistros e polos demais medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. A solicitude dirixirase á Unidade Subsidio Empregadas Hogar-Dirección Xeral do Servizo Público de Emprego Estatal- Cale Condesa de Venadito Nº9, 28027-Madrid. Tamén poderá presentarse por medios electrónicos a través da sede electrónica do SEPE (www.sepe.es) ou do Rexistro Electrónico Xeneral da Administración Xeral do Estado.
Para iso, é necesario dispoñer de eDNI electrónico, certificado electrónico ou Cl@ve. O formulario oficial de solicitude atópase na web do SEPE (Solicitude de subsidio extraordinario Sistema Especial para Empregados do Hogar (COVID-19). É un documento, en formato pdf, que poderá descargar e imprimir para despois cumprimentalo con letras maiúsculas e bolígrafo negro ou azul
LIGAZÓNS DE INTERESE:
DECRETO: https://www.boe.es/boe/dias/2020/05/04/pdfs/BOE-A-2020-4801.pdf
https://www.sepe.es/HomeSepe/COVID-19/subsidio-extraordinario-personas-empleadas-hogar.html
instrucciones-DR-empleador
instrucciones-Modelo-Solicitud-SEEH
SEEH_DR_Empleador_Regimen_SEEH_R
Modelo-Solicitud-SEEH_R-1
Bancos de Alta Subsidio
Adxuntos
- instrucciones-DR-empleador (ERROR)
- instrucciones-Modelo-Solicitud-SEEH (ERROR)
- SEEH_DR_Empleador_Regimen_SEEH_R (ERROR)
- Modelo-Solicitud-SEEH_R-1 (ERROR)
- Bancos de Alta Subsidio (ERROR)