En base ao establecido na RESOLUCIÓN DO 5 DE MAIO DE 2020, DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA o luns 11 de maio abrese o prazo para presentar as solicitudes de admisión do alumnado de 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obligatoria e bacharelato en centros educativos públicos para o cursos 2020/21. . O prazo de presentación establecese entre o 11 e o 18 de maio, ambos inclusive. É importante sinalar, que este plazo é para aquel alumnado que se matricula por primeira vez nun centro educativo concreto, é dicir, si cambian de centro ou si é a primera vez que se matriculan -por exemplo con tres anos-.
En Boqueixón a entrega de solicitudes farase na sede do CRA en Lestedo, Centro Sociocultural Camilo José Cela. Dada a situación actual de estado de alarma, só se atenderá con cita previa -que pode pedirse no teléfono 616 440 471-, recomendase a presentación da solicitude de xeito telemática a través da aplicación ADMISIÓN ALUMNADO.
No caso de entregar a documentación solicitada de xeito presencial, só se permitirá a entrada dunha única persona no centro, salvo casos debidamente xustificados.
A documentación a entregar e os pasos a seguir son os seguintes:
-A admisión pódese facer de xeito telemático (con chave 365 ou certificado dixital). Máis información na seguinte página. https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
– Tamén se pode descargar do seguinte enlace: ANEXOII
– DNI ou Libro de Familia e certificado de escolarización en casos de traslado de centro. (Art. 16).
-É importante que as solicitudes estén correctamente asinadas polos proxenitores.
Formalización da matrícula: DO 1 AO 10 DE XULLO.