O Concello de Boqueixón pon en marcha un servizo de atención para rapaces e rapazas da vila. O obxectivo é facilitarlles a impresión de traballos e tarefas propostas polos mestres a todos aqueles nenos e nenas que nas súas casas non dispoñan ou ben de medios informáticos ou ben de conexión a internet.
Este servizo será atendido no email traballoscole@boqueixon.gal O persoal municipal atenderá todas as solicitudes, e posteriormente entregará en cada un dos enderezas dos nenos e nenas todos os documentos. No correo electrónico é preciso especificar cal é a dirección á que se ten que facer chegar o material escolar e un teléfono de contacto.