O 31 de marzo aprobouse o Real Decreto-Lei 11/2020 mediante o que se adoptaron medidas urxentes complementarias para facer frente ao COVID-19. Este novo real decreto-lei persegue, en primeiro lugar, a adopción dun novo paquete de medidas de carácter social dirixidas ao apoio a traballadores, consumidores, familias e colectivos vulnerables, facendo especial fincapé naqueles que máis o necesitan; e, en segundo lugar, a posta en marcha dun conxunto de medidas de diversa natureza con impacto directo no reforzo da actividade económica, así como actuacións encamiñadas a apoiar a empresas e autónomos.
Consulta aquí toda a información: INFO TERCEIRO PAQUETE DE MEDIDAS URXENTES COMPLEMENTARIAS COVID- 19