O Concello de Boqueixón optou por manter as actividades deportivas municipais a través das novas tecnoloxías da información. Así, impartiranse clases e tutoriais concretos a través de internet durante todo o tempo que dure o estado de alarma decretado polo Goberno español para conter a expansión do virus COVID-19.
Ante esta situación, a concellería de Deportes busca que todas aquelas personas inscritas nestas actividades teñan a opción de manterse activas durante o período de confinamento. Por tanto, a empresa concesionaria desde servizo, CPM Eventos e Ocio, compartirán a través dos grupos de WhatsApp actividades, tutoriais, exercicios e clases completas das distintas actividades deportivas. Por exemplo, os rapaces e rapazas que sexan usuarios de judo infantil poderán desfrutar de varios pasatempos.
O rexedor de Boqueixón invita a todos os cidadáns a facer uso destas ferramentas que se poñen a disposición da poboación, co obxectivo de que o confinamento sexa máis levadeiro e ademais manterse en forma.