O Concello de Boqueixón ponse a disposición de todas aquellas persoas maiores, persoas en situación de dependencia ou de calquera outra que se atope nunha situación de risco por carecer de apoio familiar ou veciñal e que precisen axuda. Ante as circunstancias excepcionais derivadas da declaración do estado de alarma, para intentar conter a expansión do virus COVID-19, o executivo local busca preservar a saúde das pessoas máis vulnerables. Por tanto, calquera persoa que precise:
- Adquirir produtos de primeira necesidade (alimentos, produtos de hixiene persoal e de limpeza doméstica).
- Retirar medicamentos na farmacia
- Realizar calquera tipo de xestión inaprazable
- Resolver calquera dúbida de carácter administrativo
Pode poñerse en contacto cos Servizos Sociais municipais por algunha das seguintes vías, e tratarán de dar unha resposta á maior brevidade posible:
- Teléfono: 981 51 31 06
- WhatsApp: 655 55 25 59
- Correo electrónico: ana.anta@boqueixon.es