O grupo de maiores do Programa de Prevención da dependencia reflexionaron sobre como evolucionou o papel da muller na sociedade. Baixo a súa perspectiva, houbo eidos nos que se mellorou con respecto a época que eles viviron, por exemplo, o acceso aos estudos básicos e superiores ou o acceso a postos laborais que antes se consideraban só para homes. Porén, noutros aspectos non se produciron cambios como que a muller segue sendo a que asume os coidados do fogar e os coidados dos enfermos nos hogares.
O conxunto do grupo de maiores manifestaron o seu apoio á visibilización da muller dada a necesidade de que a igualdade sexa real.