O Departamento de Educación e Cultura de Boqueixón, en colaboración coa Fundación Neira Vilas e o CPI Antonio Orza Couto, organiza o VII Certame de Relatos “Xosé Neira Vilas”, co obxectivo de potenciar a lectura e a creatividade literaria e promover a lingua galega escrita como medio de creación e comunicación.
Poden participar todos os rapaces e rapazas de Boqueixón ou de centros educativos do Concello que cursen Primaria -dende 3º curso- ou secundaria. Estableceranse tres categorías en función da idade dos nenos e nenas.
O tema sobre o que teñen que escribir é libre, se ben teñen que ser traballos orixinais, inéditos e de autoría propia, escritos a ordenador, e en galego. A extensión mínima é de 30 liñas para os alumnos e alumnas das 1ª e 2ª categoría, e de 50 liñas para os da 3ª.
A data de presentación dos traballos rematará o día 17 de abril de 2020, podendo entregar os relatos no Concello ou no propio centro educativo.
O xurado do concurso estará composto por un representante da Fundación Neira Vilas, un representante do CPI Antonio Orza Couto e unha persoa do departamento de Educación. O seu fallo, de carácter inapelable, farase público, a través da web municipal e comunicando persoalmente a cada un dos/as galardoados/as.
Por cada categoría estableceranse os seguintes premios:
1º premio: diploma + vale 125 € en material escolar+ libro editado
2º premio: diploma + vale 100 € en material escolar+ libro editado
3º premio: diploma + vale 75 € en material escolar+ libro editado
A entrega de premios terá lugar no CPI do Forte dentro da programación da semana das Letras Galegas.
O concello reservase todos os dereitos para o emprego, reprodución e difusión dos relatos participantes. Realizarase unha edición compilatoria no que se recollerán os textos galardoados en cada categoría.
Adxuntos
- DÍPTICO CERTAME (2 MB)