O Instituto Galego da Vivenda e Solo ten convocadas dúas liñas de axudas para executar melloras e reformas nas vivendas.
En primeiro lugar, as axudas para a mellora da eficacia enerxética e da seguridade e accesibilidade en vivendas. As axudas parten do Real decreto 106/2018 do 9 de marzo, polo que se regula o Plan estatal de vivenda 2018-2021. Nesta mesma convocatoria hai dúas liñas de axuda, unha para fomentar a mellora da eficacia enerxética e da sustentabilidade en vivendas; a súa finalidade é financiar obras de mellora da eficiencia enerxética e da sustentabilidade, con especial atención á envolvente edificatoria, e outra para financiar obras de conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade. Os requisitos para estas actuacións son que se realicen en vivendas unifamiliares, en efidicios de vivendas de tipoloxia residencial colectiva e nas vivendas situadas nestes edificios, sempre que estivesen finalizados antes do 1 de xaneiro de 1996 e constitúan o domicilio habitual e permanente das súas persoas propietarias ou, de ser o caso, das persoas arrendatarias, no momento de solicitar a axuda deste programa. A cuantía das axudas oscila entre os 8.000 e os 24.000 euros en función de distintas circunstancias e requisitos. O prazo para presentar a documentación de solicitude remata o vindeiro 26 de marzo, e deben presentarse preferentemente a través da sede electrónica da Xunta.
E, en segundo lugar, as subvencións para a rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito da ARI dos Camiños de Santiago. A través de estas convocatoria búscase financiar as actuacións de rehabilitación e renovación de edificios e vivendas situadas nos ámbitos ARI dos Camiños de Santiago e do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Se ben as actuacións obxecto de financiamento deberán contar coa correspondente resolución de cualificación definitiva outorgada polo IGVS. As persoas físicas solicitantes deben ter a nacionalidade española, ou se son estranxeiras, ter a residencia legal en España. E non poderán estar incursas en ningunha das causas previstas no artigo 13 da Lei 9/2009, do 13 de xuño. E o mesmo con todas as persoas físicas que conformen unha comunidade ou agrupación de comunidades.
A coantía das axudas son de 4.000 euros por vivenda obxecto da actuación de rehabilitación ou tenovación, sen que a subvención poida exceder o 10% do orzamento protexido de actuación da vivenda ou do edificio. E ata 1.000 euros por vivenda obxecto da actuación de rehabilitación ou renovación, se se adapta á Guía de cores e materiais aprobados pola Xunta.
O prazo de solicitude, que comezou o 27 de febreiro, rematará cando se esgote a partida orzamentaria contida nesta convocatoria, que será publicado no Diario Oficial de Galicia e, en todo caso, o día 30 de outubro de 2020. Máis información no Concello.