A Secretaria Xeral da Igualdade por de Resolución do 6 de febreiro do 2020 , convoca o programa de axudas para a concesión das estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas.
Obxecto
Facilitarlle ás mulleres, preferentemente vítimas de violencia de xénero, que teñan fillas e fillos menores e/ou menores en acollida, exclusivamente ao seu cargo, un espazo e un tempo desligado da súa situación habitual e o cal poidan intercambiar experiencias a través da convivencia nun espazo de lecer, reforzando o seu vínculo maternofilial. (Estadía entre 7 e 9 días, pensión completa e preferentemente finais de xuño ou principios de setembro)
Requisitos
- Ter fillas e fillos menores e/ou menores en acollida, exclusivamente ao seu cargo, con idades comprendidas entre 2 e 12 anos.
- Non convivir con parella afectiva
- Estar empadroadas e ter residencia efectiva en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia. No caso de mulleres estranxeiras ter permiso de residencia e de traballo.
- Que a media dos ingresos brutos mensuais da solicitante non superen o límite do importe de 1,5 veces o IPREM vixente, nos seis meses anteriores á data de presentación da solicitude.
- Non padecer ela ( nin os fillos/fillas menores e ou menores en acollida que a acompañen) enfermidades que requiran illamento e/ou impidan a normal convivencia.
PRAZOS
O prazo de presentación de solicitudes remata o 24 de marzo de 2020.
Para maior información contactar co Centro de Información á Muller de Boqueixón, chamando ó teléfono 981 513061 ou no correo electrónico cim@boqueixon.gal ou ben nos teléfonos da SXI: 981 545 361 / 981 957 699 ou no enderezo electrónico da vx.igualdade@xunta.gal