Ángela Liñares García e Silvia Tembra Aldonza participaron na Campaña de Inverno 2020 organizada pola Deputación de A Coruña, polo que entre o 31 de xaneiro e o 3 de febreiro estiveron na estación de neve de Cabeza de Manzaneda. Durante eses días asistiron con outros nenos e nenas dos concellos de Ames, Santiago, Vedra, Touro, Oroso, Negreira e Rois a actividades relacionadas coa neve e co esquí, especialmente cursos para mellorar a súa técnica.
Todos os nenos e nenas empadroados na provincia de A Coruña poden participar nestas actividades.
Aquí podes acceder a toda a información para inscribirte nesta iniciativa.