O 24 de febreiro comezan as Xornadas Gastronómicas da Filloa en sete locais de Boqueixón. Como cada ano, os consumidores destes locais poderan degustar por un prezo de 2 euros exquisitas tapas elaboradas coa filloa como protagonista.
Os establecementos que participan son: Bar-Restaurante «O Imprevisto», restaurante «Vente vindo», café-bar «O 26», cervexería «O Vikingo», restaurante «Vía da prata», Casa de Xantar «Casa Castro» e taberna «O tapeo».
As xornadas desenvolveranse ata o 29 de febreiro en horario de 12:00 a 15:00 horas e de 21:00 a 23:30 horas.
Descarga aquí o mapa con todas as direccións: WEB FILLOA PQ
Adxuntos
- WEB FILLOA PQ (2 MB)