O vindeiro xoves 13 de febreiro o Mercado de Boanerges en Santiago de Compostela acolle un evento gastronómico no marco da celebración da Festa da Filloa de Lestedo, que este ano terá lugar o domingo 1 de marzo no Campo da Festa de Lestedo. Os reputados chefs Yayo Daporta e Roberto Filgueira elaborarán catro tapas coa filloa como protagonista. Cada unha destas tapas cobrarase a un prezo de 3 euros. O horario para degustar estas tapas é de 21:00 horas á 22:30 horas.
Ademais entre as 12:00 e as 20:00 horas unha filloeira elaborará as tradicionais filloas de Lestedo en directo para todas aquelas personas que visiten o Mercado de Boanerges.