A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, inaugurou hoxe oficialmente a exposición fotográfica Express-Arte, creada no marco dun programa de inserción laboral para vítimas da violencia de xénero e impulsada pola Asociación de Xóvenes Emprendedores Lucenses (AXEL). O alcalde de Boqueixón acompañou á secretaria durante toda a visita, na que puideron ver o resultado dunha actividade na que cada unha das participantes foi fotografada tras caracterizarse coma mulleres de obras pictóricas icónicas.
A mostra foi cedida pola Secretaría Xeral da Igualdade ao abeiro do programa de actividades que oferta aos concellos adheridos á Rede de entidades locais, que actualmente engloba a 210 municipios e mancomunidades.
A exposición estará dispoñible ata o 3 de febreiro na Aula de Usos Múltiples de Boqueixón.