Xa está aberto o prazo para inscribirse no curso para pais e nais ‘Uso positivo das TIC’. As inscricións poden realizarse a través do teléfono 981 513 061 ata o 20 de xaneiro. O seminario desenvolverase o 23 de xaneiro ás 17:30 horas no C.P.I Antonio Orza Couto.
Hoxe as novas tecnoloxías son fundamentais nas nosas vidas, polo que aprender a facer un bo uso é imprescindible para os máis pequenos e pequenas. Por iso, dende o Servizo de Prevención de Condutas Adictivas do Concello plantexaron este curso formativo para pais e nais de adolescentes e preadolescentes. O persoal da plataforma Quérote+ será o responsable de explicar ás familias que é a ciberseguridade e como actuar para realizar un uso correcto das TIC,