A actuación de maxia de Dani Polo, enmarcada no programa de Nadal, terá lugar o vindeiro sábado 11 de xaneiro ás 18:00 horas na Casa da Cultura de Camporrapado. No seu momento, o espectáculo tivo que pospoñerse polas adversas condicións meteorolóxicas.
Dani Polo é un ilusionista galego, concretamente de Melide, que se formou en Lugo e que nestes anos ten conquistado numerosos premios nacionais e internacionais, como por exemplo o premio Ali Bongo a mago revelación 2018 no congreso Máxico Nacional de Francia (FFAP).
Polo que a nosa recomendación é que non perdas a oportunidade de desfrutar do seu espectáculo. O sábado 11 todos en Boqueixón temos unha cita coa maxia.