A tarde de Reis no concello de Boqueixón está programada para o vindeiro luns 6 de xaneiro no polideportivo de Lestedo. Inicialmente a xornada íase desenvolver no polideportivo do Forte, porén as instalacións sufriron danos hai un par de semanas polas fortes rachas de vento. Así, todas as actividades previstas terán lugar no pavillón de Lestedo.
As súas Maxestades de Oriente chegarán a nosa vila cargados de agasallos para todos os nenos e nenas, e dispostos a compartir unha tarde de xogos coa rapazada do municipio.
Ás 17:00 horas está prevista a primeira actividade da xornada, a actuación de Circanelo, un grupo de circo-clown que ofrecerá un espectáculo de acrobacia, teatro xestual e danza. Trátase dun espectáculo patrocinado polo Deputación da Coruña.
Posteriormente os nenos poderán xogar libremente cos inchables dispostos no pavillón, e recibirán agasallos dos Reis Magos. Para todas as familias ofrecerase un chocolate con churros como merenda, e haberá máis sorteos de regalos.
Agardámosvos a todos o vindeiro día 6 no pavillón de Lestedo.