O vindeiro domingo 29 de decembro Boqueixon acolle unha charla informativa sobre historia e toponimia da zona do Pico Sacro, Lestedo, Vedra e Boqueixón. A ponente principal é a arqueóloga Ana Filgueiras Rei, que abordará cómo recuperar os nomes tradicionais dos distintos puntos xeográficos da zona. Baixo o título ‘Proxecto de recuperación da memoria, nomes de lugares e lendas da serra do Pico Sacro’ establecese unha xornada na que tamén se agarda a participación cidadá para maior riqueza informativa.
Trátase dunha actividade organizada en colaboración co concello de Vedra, e que busca recuperar a memoria da nosa zona.