O Concello de Boqueixón acollerá o vindeiro sábado 28 de decembro a xornada Vive o Camiño. Trátase dunha iniciativa promovida pola Consellería de Cultura e Turismo, en colaboración co Xacobeo, que ten como obxectivo dar a coñecer o patrimonio, a natureza e a gastronomía dos municipios polos que pasa a Vía da Prata.
Todas as propostas son de balde, previa inscrición nas mesmas. Deberán formalizarse entre os días 23 e 27 de decembro (salvo os festivos) en horario de 09.30 a 13.30 horas a través do teléfono 722 876 073.
As actividades darán comezo ás 09.30 horas cun Paseo pola contorna do Pico Sacro. O punto de encontro será o parquin da explanada do Pico Sacro e a duración desta proposta será de 2 horas.
Por outra banda, o Centro Social de Lestedo acollerá dous obradoiros. O primeiro deles, baixo o nome Memorias de Prata, está dirixido a persoas adultas e terá lugar ás 11.30 horas. O obradoiro infantil, Xogando coa Natureza, comezará a partires das 12.30 horas. A última das propostas será Catar o Camiño e prevé unha degustación de produtos locais. Terá lugar ás 12.30 horas no baixo do Centro Social de Lestedo.