ORDE do 15 de novembro de 2019 pola que se realiza a convocatoria pública para o ano 2020 do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais, cofinanciado nun 80 % polo FSE con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020 (código de procedemento TR305A). Consellería de Economía, Emprego e Industria. DOG Núm. 226. Mércores, 27 de novembro de 2019.
CUALIFICACIÓNS QUE SE CONVOCAN:
- Atención sociosanitaria a persoas no domicilio
- Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais
- Socorrismo en espazos acuáticos naturais
- Socorrismo en instalacións acuáticas
- Servizos para o control de pragas
- Extinción de incendios e salvamento
- Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural
- Instrución en ioga
- Vixilancia e seguridade privada
- Confección e mantemento de artes e aparellos
- Docencia da formación para o emprego
Inscrición: ANEXOS III, IV E V
O prazo de inscrición é do 28 de novembro ao 27 de decembro de 2019, ambos incluídos. Pódese consultar a información básica sobre o procedemento neste arquivo.
OS DATOS DE RECOÑECEMENTO DA EXPERIENCIA PROFESIONAL NA SEGUINTE LIGAZÓN: http://ceei.xunta.gal/recursos/temas-de-interese?content=topic_0146.html
Adxuntos
- AnuncioDOG27Novembro (2 MB)
- tarxeton informativo (702 kB)