Normativa:
- Orde SSI/1688/2015, de 30 de xullo, pola que se regula o Programa de Termalismo do Instituto de Maiores e Servizos Sociais. (BOE nº 190 do 10/08/2015). Novidades da nova Orde
- Resolución do 10 de decembro de 2019, do Instituto de Maiores e Servizos Sociais, pola que se convocan prazas para pensionistas que desexen participar no Programa de Termalismo. (BOE nº 300 do 14/12/2019)
Requisitos das/dos usuarias/os
- Poderán participar no Programa de Termalismo, as personas residentes en España, que reúnan algún dos seguintes requisitos:
- Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema de Seguridade Social español.
- Ser pensionista de viuvedade con cincuenta e cinco ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
- Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con sesenta ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
- Ser asegurado ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social español, con sesenta e cinco ou máis anos de idade.
- As persoas usuarias de praza deben reunir os seguintes requisitos:
- Non padecer alteracións de comportamento que poidan alterar a normal convivencia nos establecementos, ni padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
- Poder valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria.
- Precisar os tratamentos termais solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos.
- Acadar, de conformidade coa baremación establecida, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas. Ponderaranse as seguintes variables:
- Grao de necesidade de recibir os tratamentos termais.
- Situación económica dos solicitantes.
- Idade dos solicitantes.
- Que non disfrutara da praza en anos anteriores.
- Se o/a solicitante e membro dunha familia numerosa.
- Outras circunstancias excepcionais non contempladas nas variables anteriores.
- Igualmente, poderán participar no programa as persoas de nacionalidade española, que residan no estranxeiro, sempre que perciban unha pensión do Sistema de Seguridade Social español e conten coa idade exixida no parágrafo 1 anterior, ou sexan asegurados ou beneficiarios do Sistema da Seguridade Social, con idade igual ou superior a 65 anos, e en todos os supostos, reúnan o resto dos requisitos exixidos ás persoas usuarias no parágrafo 2 anterior.
- Tamén poderán ser adxudicatarios das prazas, como acompañante, o cónxuxe ou a parella de feito ou persoa coa que se constitúe unha unión estable e de convivencia con análoga relación de afectividade á conxugal, sen necesidade de que estes reúnan algún dos requisitos exixidos no parágrafo 1 e, en todo caso, cumprindo os requisitos previstos no parágrafo 2.
Asimesmo, poderán ser adxudicatarios de praza, os fillos con discapacidade, en grao igual ou superior ao 45 %, sempre que a quenda o disfruten cos seus pais e se aloxen na mesma habitación.
Prazas e quendas convocadas:
Convócanse prazas para participar no Programa, a desenvolver nas quendas e balnearios que se relacionan no anexo I, onde tamén se especifica o tipo de tratamento termal a impartir por cada balneario, asi como o prezo a pagar polos participantes e acompañantes, por praza e quenda.
As quendas, que poderán ter unha duración de 12 días (once pernoctacións) ou de 10 días (nove pernoctacións) cada un, realizaranse en réxime de pensión completa e comprenderán desde as doce horas do día de chegada ata as doce horas do día de salida.
Servizos
- Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en habitacións dobres de uso compartido.
- Tratamentos termais que comprenderán: recoñecemento médico ao ingresar no balneario; o tratamento termal que, en cada caso, prescriba o médico do balneario; o seguimento médico do tratamento con informe final.
- Actividades de lecer e tempo libre ofertadas gratuítamente polo balneario.
- Póliza colectiva de seguro turístico.
- Transporte por conta do balneario, nos casos que se expresan no anexo I, dende a localidade máis achegada ao balneario hasta a estación termal ao comezar a quenda e o regreso, ao rematar mesmo.
- En todo caso, os beneficiarios das quendas realizarán os desprazamentos aos establecementos termais, así como o de regreso aos seus domicilios, directamente polos seus propios medios.
Prezo e forma de pago das prazas
O prezo para pagar polos usuarios e, no seu caso, os acompañantes, por praza e quenda, ascende ás cantidades que se sinalan, para cada balneario, mes e tipo de quenda, no cadro anexo I.
As persoas usuarias, e no seu caso os acompañantes, abonarán o custe das plazas da seguinte forma:
- Con antelación á súa incorporación no balneario e nos prazos que se determinen na notificación de concesión de praza, abonarán, en concepto de gastos por reserva de plaza, 40 euros, por praza adxudicada.
- A diferencia entre o custe da praza e a cantidad abonada en concepto de reserva, ao ingreso no establecemento termal.
Documentación:
Se a temporada pasada a persoa solicitou praza e reunía os requisitos para participar no programa, o IMSERSO remitiralle por correo un modelo simplificado para a renovación da súa solicitude.
Se accede por primeira vez ao Programa ou volve a solicitalo logo de non telo feito no ano 2019, deberá formalizar nova solicitude e declaración sobre o estado de saúde:
- Solicitude telemática. Consulta de trámite | Solicitude.
- A Declaración sobre o estado de saúde efectúaa o propio solicitante e, no seu caso o seu cónxuxe. Non precisa ir ao médico para que a cumprimente.
Lugar de presentación:
- Servizos Sociais Comunitarios
- Centros dependentes da Consellería de Politica Social (centros sociocomunitarios, clubes da terceira idade, etc.)
- Xefaturas Territoriais da Consellería de Política Social
Prazo de presentación:
Para participar no proceso de adxudicación de praza:
- Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ata o día 10 de xaneiro de 2020.
- Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ate o día 15 de maio de 2020.
Para a súa inclusión na Lista de Agarda de prazas, para cubrir as prazas que vaian quedando vacantes por renuncias ou outras circunstancias:
- Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ate o día 14 de maio de 2020.
- Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ate o día 30 de outubro de 2020.
Sen perxuízo de que as persoas solicitantes poidan formular a súa solicitude nos prazos e termos establecidos anteriormente, coa finalidade de simplificar trámites, remitiranse comunicacións singulares a todas as persoas solicitantes que, reunindo os requisitos da convocatoria do ano 2019, os seus expedientes estén completos.
Máis información:
- Balnearios participantes| Balnearios participantes 2020 con prezos
- Folleto informativo
- Web IMSERSO
- Teléfonos: 901 109 899 / 900 406 080
SOLICITUDES: DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE BOQUEIXÓN
TELÉFONO SERVIZOS SOCIAIS: 981 513 106