O Monte demostrativo do Pico Sacro acollerá o vindeiro venres 20 de decembro de 16.00 a 17.30 horas unha acción formativa gratuíta promovida por Inditex, coa colaboración da Asociación Forestal de Galicia (AFG) e a Asociación Acefga. Trátase da ‘Xornada práctica para propietarios e xestores forestais sobre Xestión forestal certificada FSC e conservación da biodiversidade’.
O programa dará comezo ás 16.00 horas coa recepción de asistentes e acceso ao Monte demostrativo do Pico para despois continuar coa charla de Marcos Estévez, xestor de proxectos de FSC España, sobre Certificación FSC de xestión forestal do Monte demostrativo e requisitos relacionados coa conservación da biodiversidade. Explicación en campo con exemplos. Ás 17.00 horas, preguntas dos asistentes.
ÁS 17.15 horas, o presidente de ACEFGA, Alejandro Álvarez, ofrecerá a sesión baixo o título A custodia do territorio de ACEFGA no monte demostrativo, conservación e mellora de hábitats. Visita das principais zonas de custodia e conservación. Tras as preguntas dos asistentes, realizarase un itinerario pola rede de áreas de conservación do Monte demostrativo para clausurar a xornada ás 18.00 horas.
Para poder asistir a esta actividade de carácter gratuíto, requírese inscrición previa a través do formulario online: https://forms.gle/Bq2B97RUNyTfcQHj8 ou chamando ao teléfono 673 595 757 (Marcos Estévez).