Na liña de continuar coas actividades formativas no ámbito da Administración Electrónica o Concello de Boqueixón pon en marcha un curso para formarse no uso da Plataforma SUBTEL. O taller formativo desenvolverase na Casa do concello -aula de informática para dar a coñecer o funcionamento e as vantaxes da plataforma SUBTEL para a tramitación de axudas da Deputación da Coruña.
A impartición do taller nesta aula permitirá que os asistentes realicen as súas propias xestións nos equipos, familiarizándose co modo de acceso e os sistemas de identificación que permiten a utilización da plataforma. A formación será impartida polo axente dinamizador do proxecto PEL-Concello Dixital e terá lugar o vindeiro martes día 17 de decembro de 18:00 a 20:00 horas.
A través da plataforma SUBTEL podes acceder á sede electrónica para realizar trámites sen ter que te desprazar, a calquera hora do día, os 365 días do ano, garantindo a seguridade do cidadán a través de diversos mecanismos para identificarse. Unha vez dentro, a persoa usuaria pode solicitar subvencións e facer e consultas sobre o estado das xestións iniciadas.
Esta actividade estará dirixida preferentemente a asociacións e profesionais que teñan que solicitar calquera subvención á Deputación, as que puideran ter dereito, e deban tramitalas obrigatoriamente a través da plataforma SUBTEL.
Podes solicitar a túa praza podes facelo a través do correo electrónico cultura@boqueixon.gal ou no teléfono 981 513115.