Tres mulleres sobrevivintes á violencia de xénero relatarán as súas experiencias na I Xornada de Sensibilización en Violencia contra a Muller que terá lugar este sábado 9 de novembro
Mª Saladina Carrillo Míguez (da parroquia de Gastrar); Noelia Míguez Vázquez (de Boqueixón), e Emily Rodríguez Santos (novelista de Ponte Ulla, no veciño municipio de Vedra) serán as principais protagonistas