O Campo da Feira de Rodiño acolle este domingo unha Xornada Micolóxica. Organizada por la Asociación de Veciños Areosa de Sergude en colaboración co Concello de Boqueixón, esta xornada inclúe un roteiro micolóxico que se desenvolverá entre as 09.30 e as 12.30 horas.
O prezo de inscrición nesta xornada é de 6 euros por persoa. As reservas deberanse facer a través do teléfono 981 513 115. Requírese un grupo mínimo de 12 participantes para desenvolver a actividade.
De xeito paralelo, e aproveitando esta xornada micolóxica, o Campo da Feira de Rodiño acollerá tamén unha nova actividade das Feiras Activas. Ás 12.30 horas ofrecerase o espectáculo Circanelo, de Urdime Propostas Culturais. Unha sesión de circo e clown dirixida a todos os públicos.