Unha vintena de veciñas de entre 12 e 52 anos participaron no Curso de autodefensa e autocapacidades para mulleres ante situacións violentas. Unha iniciativa organizada polo CIM de Boqueixón e a Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) que se desenvolveu no ximnasio municipal de O Forte.
As sesións foron impartidas por un especialista da Federación Galega de Loita e pertencente ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Todas as participantes coincidiron en valorar moi positivamente esta acción, solicitando incluso que unha nova edición da mesma.
As clases supuxeron, segundo indican dende o CIM de Boqueixón, “un instrumento de formación no que se explicaron técnicas físicas, pautas e coñecementos para previr e/ou actuar ante situación de ameazas, riscos ou agresións. O importante non é pelexar, senón escapar desas situacións ilesas ou co menor dano posible, para despois utilizar os métodos legais de protección é denuncia”, conclúen dende o Centro de Información á Muller.