A Casa da Cultura de Camporrapado acollerá do domingo 27 o espectáculo músico/teatral ‘A nena e o Grilo máis aló’. A sesión, dirixida a público familiar, e especialmente á cativada a partires de 3 anos, desenvolverase ás 12.00 horas. A entrada é de balde.
Presentada en formato de musical infantil, este espectáculo chega da man do programa falaRedes promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. O espectáculo está desenvolvido por Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos.
Dende o Concello de Boqueixón animan á veciñanza a asistir a esta sesión que combina artes escénicas e música. Unha oportunidade para gozar dunha divertida mañá de domingo en familia.