O Concello de Boqueixón abriu esta semana o prazo de inscrición para a viaxe cultural a Toledo e Aranjuez. A actividade desenvolverase entre os vindeiros 23 e 25 de outubro. O prezo é de 195 euros e inclúe transporte, pensión completa en habitación dobre, servizo de guía e seguro de viaxe.
As inscricións deberán formalizarse ata o vindeiro 15 de outubro no Concello de Boqueixón ou chamando ao teléfono 981 513 115. Pódense utilizar estas dúas mesmas vías de contacto para solicitar máis información. As prazas e número de asento adxudicaranse por rigurosa orde de inscrición.
O itinerario da viaxe cultural será o seguinte:
- Día 1: Transporte ao hotel e visita ao Conxunto Histórico-Artístico de Aranjuez
- Día 2: Visita guiada por Toledo, cidade catalogada como Patrimonio da Humanidade pola Unesco.
- Día 3: Visita ao Mosteiro do Escorial e viaxe de retorno.