Promovido polos concellos de Touro, Boqueixón e Vedra e financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, para formar a 20 desempregados/as maiores de 18 anos na especialidade de:
- “ REPOBOACIÓNS FORESTAIS E TRATAMENTOS SILVÍCOLAS” ( Nivel de cualificación profesional 2)
- “ACTIVIDADES AUXILIARES EN CONSERVACIÓN E MELLORA DE MONTES” (Nivel de cualificación profesional 1)
Para poder participar neste obradoiro como alumnos/as traballadores, as persoas interesadas deberán cumprir os seguintes requisitos:
- Estar desempregadas e inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia.
- Ter unha idade igual ou superior aos dezaoito anos.
- Cumprir os requisitos requeridos para asinar contrato de formación e aprendizaxe durante toda a duración do obradoiro.
- Nivel de estudos segundo nivel de cualificación das especialidades formativas que se van impartir: Para nivel 1: Non se require formación // Para nivel 2: ESO u titulacións equivalentes.
Os/as interesados/as deberán inscribirse na Oficina de Emprego Santiago-Norte como candidatos/as ao Obradoiro de Emprego “Ulla, Boqueixón-Touro-Vedra”, na especialidade indicada e coas claves: 340 ou 370.
PRAZO: Ata o vindeiro 10 de outubro.
As persoas interesadas en participar no proceso de selección para o PERSOAL DOCENTE E DE APOIO nos postos de director, docentes das especialidades indicadas, administrativo e titor, poden informarse nos Concellos implicados ou uns Oficinas de Emprego.