O Programa de Dinamización Xuvenil Posta a Punto retoma a súa actividade con tres novos cursos formativos dirixidos á mocidade de entre 16 e 30 anos. Esta iniciativa, desenvolvida de xeito conxunto polos Concellos de Boqueixón, Vedra e Vila de Cruces, ten como principal obxectivo favorecer a inclusión no mercado laboral das persoas mozas.
Así, a primeira das propostas desenvolverase este venres 20 e o sábado 21 de setembro co Curso de Traballo con persoas con discapacidade. A seguinte acción formativa será o Curso de Monitor Escolar, que se desenvolverá o vindeiro venres 27 e o sábado 28 de setembro. Comezará outubro co Curso de Traballo con persoas da terceira idade, que terá lugar entre os días 4 e 5 do vindeiro mes. Todas as sesións desenvolveranse en horario de 16.00 a 21.00 horas (os venres) e de 09.00 a 14.00 horas (os sábados).
As persoas interesadas en participar nestas iniciativas, ou en obter máis información, deberán poñerse en contacto coas OMIX de cada un dos concellos: Boqueixón (omixboqueixon@gmail.com // 981 513 115), Vedra (xuventude@concellodevedra.com // 981 814 691) e Vila de Cruces (info@viladecruces.es // 986 582 017).