O programa Ler Conta Moito promovido pola Biblioteca Municipal de Boqueixón grazas ao apoio da Consellería de Cultura e Turismo ofrecerá este venres 23 de agosto ás 10.00 horas unha nova actividade en O Forte. Desta volta, Teatro Marionetas Trécola ofrecerá o seu espectáculo Xogo Revolto. A actividade é de balde.
A través desta actuación e dunha historia do máis amena, Marionetas Trécola tentará fomentar a educación emocional entre a cativada, libre de estereotipos e de violencia de xénero. Así, as situacións da vida cotiá que se representarán neste espectáculo promoverán unha sociedade chea de respecto entre iguais.