O 31 de xullo publicouse a convocatoria de becas xerais para estudantes que cursen estudos postobligatorios (universitarios e non universitarios) para o curso 2019/2020.
ESTUDOS NON UNIVERSITARIOS
As becas xerais para estudos non universitarios diríxense a estudantes que estean matriculados nalgún dos seguintes niveis:
- Bacharelato
- Formación Profesional de Grao Medio e de Grao Superior
- Ensinanzas Artísticas Profesionais
- Ensinanzas Deportivas
- Ensinanzas Artísticas superiores
- Estudos relixiosos superiores
- Estudos de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia
- Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior, impartidos en centros públicos e privados concertados
- Formación Profesional Básica
Nota: As becas para estudos militares superiores e estudos de acceso á universidade para maiores de 25 anos deberán solicitarse na páxina de beca xeral para estudos universitarios.
A presentación de solicitudes é de xeito telemático e o prazo remata o 1 de outubro
ESTUDOS UNIVERSITARIOS
As becas xerais para estudos universitarios dirixense a estudantes que estean matriculados nalgún dos seguintes niveis:
- Ensinanzas universitarias adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior conducentes a títulos oficiais de Grao e de Máster, incluídos os estudos de Grao e Máster cursados nos centros universitarios de Defensa e da Garda Civil.
- Curso de preparación para acceso á universidad de maiores de 25 anos impartido por universidades públicas.
- Créditos complementarios ou complementos de formación para acceso u obtención do título de Máster ou Grado.
Non se inclúen nesta convocatoria as becas para a realización de estudos correspondentes ao terceiro ciclo ou doutorado, estudos de especialización nin títulos propios das unversidades.
A presentación de solicitudes é de xeito telemático e o prazo remata o 15 de outubro
Máis información http://www.educacionyfp.gob.es/educacion/mc/becas-generales/2019-2020/inicio.html