Dentro das actividades formativas do Monte demostrativo do Pico Sacro, a Asociación Forestal de Galicia organiza un taller de poda de formación de frondosas para a produción de madeira de alto valor.
O taller é gratuíto, será impartido polos enxeñeiros da AFG, Francisco Dans del Valle e Braulio Molina Martínez, e terá lugar mércores 7 de agosto ás 17,30 horas no Centro de Interpretación do Pico Sacro e no Monte demostrativo (Boqueixón).
Todas aquelas persoas interesadas en asistir deberán poñerse en contacto previo coa oficina da AFG en Santiago (teléfonos 981 564 011 e 618 752 214, correo electrónico: afg@asociacionforestal.org).
PROGRAMA
• 17.30 h Introdución aos principios e criterios técnicos da poda de formación. Centro de Interpretación do Pico Sacro.
• 18.15 h Prácticas en plantacións de nogueira, castiñeiro e carballo con ferramentas manuais e eléctricas. Monte demostrativo do Pico Sacro.