Os Concellos de Boqueixón, Touro, Vedra e Vila de Cruces veñen de publicar a convocatoria dunha nova edición do programa de mobilidade xuvenil Galeuropa, dirixida á mocidade de entre 18 e 30 anos que ten como principal obxectivo reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais das persoas mozas non ocupadas nin integradas nos sistemas de educación ou formación.
Ofrécense un total de 20 prazas; máis concretamente, as mobilidades ofertadas levarán ás persoas seleccionadas a Cork (Irlanda, con 4 prazas), Italia (Sicilia, con 8 prazas) e Malta (8 prazas). Ditas prácticas en empresas deberanse realizar entre o 30 de agosto e o 30 de novembro. Ademais das propias prácticas e o seu seguimento, o programa Galeuropa cubre a manutención, viaxe, seguro, aloxamentos e preparación lingüística das persoas mozas que participen.
O prazo establecido para presentar as solicitudes é de 10 días hábiles a partires do día seguinte á publicación da convocatoria nas webs municipais dos catro Concellos. As bases completas e a instanacia a cubrir pódense consultar e descargar nos arquivos adxuntos.
As persoas aspirantes ao programa Galeuropa 2019 terán que presentar por Rexistro de Entrada no Concello de Boqueixón a instancia (ficha de inscrición coa documentación requirida adxunta: copia do DNI, certificado de garantía xuvenil, currículo vitae europeo en galego e en inglés e se é o caso xustificante de ser vítima de violencia de xénero, persoa con discapacidade ou persoa en risco de exclusión social), ou por calquera das formas previstas na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e a Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público, (neste caso os/as aspirantes deberán comunicalo mediante e-mail galeuropavaldoulla@gmail.com durante o mesmo prazo que o de presentación de instancias).
Para máis información, as persoas interesadas pódense poñer en contacto a través do e-mail galeuropavaldoulla@gmail.com ou dos teléfonos 981 814 566, 981 513 115, 986 582 017 ou 669 450 801.
Nos arquivos adxuntos pódense consultar as bases completas, o extracto, así como descargar a instancia que se deberá presentar xunto coa documentación no Rexistro do Concello de Boqueixón.
Adxuntos
- bases galeuropa xunta-1 (215 kB)
- EXTRACTO (231 kB)
- EXTRACTO (231 kB)
- EXTRACTO (231 kB)
- ficha de inscrición (246 kB)
- ficha de inscrición (246 kB)
- ficha de inscrición (246 kB)
- bases galeuropa xunta-1 (215 kB)
- bases galeuropa xunta-1 (215 kB)
- bases galeuropa xunta-1 (215 kB)
- EXTRACTO (231 kB)
- ficha de inscrición (246 kB)