Máis de 150 persoas participaron o venres na primeira das tres sesións do programa Noite de Cine organizado polo Concello de Boqueixón en colaboración coa Deputación da Coruña. A cita desenvolveuse na Carballeira de Rodiño, na parroquia de Sergude, e ofreceuse a proxección do filme de animación O Mago Dubidoso, dirixida a público familiar.
As próximas citas do programa Noite de Cine terán lugar nos vindeiros meses de agosto e setembro. No primeiro caso, proxectarase o filme de animación Maimiño o venres 16 no Campo da Festa de Camporrapado (Oural), mentres que no segundo, será o venres 6 no Campo da festa da parroquia de Lestedo e poderase ver a película Coco.
Todas as sesións comezarán ás 22.30 horas. A entrada é totalmente libre e gratuíta. Todas as propostas están dirixidas ao público familiar para gozar dunha velada diferente coas crianzas.