O alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, presidiu a entrega de diplomas dos cursos de informática para maiores organizados polo Concello e impartidos pola docente Loli Eiroa. Esta acción formativa foi impulsada polo Departamento de Educación e Cultura e contou cunha excelente acollida por parte da trintena de participantes, que amosaron a súa vontade de seguir ampliando coñecementos nesta materia.
As sesións desenvolvéronse nas instalacións da aula de usos múltiples do Concello de Boqueixón. O alumnado dividiuse en tres grupos, nos que se impartiron nocións básicas sobre informática. Entre os coñecementos adquiridos durante os 3 meses de clases (20 horas lectivas) atopáronse os seguintes contidos:
- Compoñentes dun equipo informático
- Sistema operativo: escritorio, barra de tarefas, iconas e carpetas
- Internet:
- Diferencia entre navegador e buscador
- Busca e almacenamento se información con seguridade
- Correo electrónico
- Uso na casa: o tempo, as noticias, a web do Concello, cita previa do Sergas, compras on line, etc.