A empresa UFD Grupo Naturgy vén de notificar ao Concello de Boqueixón a interrupción programada do subministro eléctrico nas parroquias de Codeso e Boqueixón prevista para o vindeiro día 11 de xullo entre as 08.00 e as 17.00 horas. Este corte débese á necesidade de efectuar os labores de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica precisos para atender nas mellores condicións as necesidades de subministro da zona, tal e como indican dende a empresa.
O corte do subministro afectaralle aos seguintes lugares: Ardesende, Casaldesuso, A Igrexa-Boqueixón, Lamparte-Boqueixón, O Forte-Boqueixón (O Forte, Piñeiro de Abaixo e Piñeiro de Arriba) e aldea de Orto.
Para calquer aclaración , pódense poñer en contacto con UFD Grupo Naturgy no teléfono 900333999.
Dende o Concello de Boqueixón rogan á veciñanza desculpen as molestias.