A piscina municipal de Boqueixón abrirá a súa tempada este sábado 22 de xuño. As instalacións localizadas en O Forte permanecerán abertas ao público ata o vindeiro 8 de setembro en horario de 15.00 a 21.00 horas, de luns a domingo. En caso de mal tempo, a piscina permanecerá pechada.
Os prezos dos bonos de 20 entradas son de 6,17 € (para menores ata 16 anos), e de 12,34 €, para maiores de 16 anos. A adquisición dos mesmos deberase realizar nas propias instalacións da piscina municipal. Ademais, ofrécense diferentes opcións de abonos familiares.
De xeito paralelo, a piscina municipal de Boqueixón acollerá de luns a venres polas mañás as actividades do programa de conciliación Verán Activo e os cursos de natación dirixidos a escolares de Infantil e Primaria. Así, compleméntase a oferta de lecer destas instalacións municipais.