A Escola Infantil Municipal (EIM) Raíña Lupa de Boqueixón celebrou o seu Festival de Fin de Curso. A cita desenvolveuse na Casa da Cultura de Camporrapado e contou coa presenza do alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín.
Os máis de medio cento de cativas e cativos de 0 a 3 anos deste centro educativo sorprenderon ás persoas asistentes con seus vistosos bailes e disfraces. Ademais das propias exhibicións da cativada, as profesoras ofreceron unha actuación sorpresa.
Este festival tamén serviu para realizar unha homenaxe aos 30 escolares que se graduaron este curso. Tamén se entregaron os premios das distintas actividades desenvolvidas durante todo este curso escolar e nas que participaron as familias, como, por exemplo, o certame de disfraces e de postres de Entroido, entre outras.