O Concello de Boqueixón xa ten nova Corporación dende esta mañá. Composta por 11 edís, 7 deles do Partido Popular e os catro restantes, de Veciñ@s de Boqueixón, esta Corporación comporá o Pleno municipal durante os vindeiros catro anos.
Na sesión de constitución da nova Corporación, celebrada esta mañá, Manuel Fernández Munín foi investido como alcalde de Boqueixón. O rexedor acadou a maioría dos votos ao contar cos 7 apoios dos e das edís do PP.
Tras constituírese a mesa de idade (composta por José Manuel Canabal e Iván Eirís Castro), procedeuse á toma de posesión das actas de concelleiros e concelleiras que xa compoñen a Corporación Municipal. Esta está composta polos seguintes edís:
Partido Popular de Boqueixón
- Manuel Fernández Munín
- José Manuel Canabal Vázquez
- Ana María Seijo Mosquera
- Marta Magina Copóns Neira
- José Manuel Iglesias Gómez
- Alejandro Bermúdez Devesa
- Jesús Sanjuás Mera
Veciñ@s de Boqueixón
- Xabier Canabal Fernández
- Iván Eirís Castro
- Ángela Santasmarinas Lorenzo
- María Carmen Soutullo Carolo
No seguinte Pleno da Corporación de Boqueixón conformaranse as distintas áreas de goberno.