O Concello de Boqueixón organiza un curso sobre a ‘Plataforma Sede Electrónica’. Unha xornada que se desenvolverá o vindeiro 17 de xuño ás 17.00 horas na aula de usos múltiples da Casa do Concello.
O curso está dirixido a asociacións, empresariado, profesionais con colexiación e cidadáns en xeral. O seu principal obxectivo e dar unha serie de pautas sobre como utilizar a Sede Electrónica do Concello de Boqueixón, xa que se trata dun novo xeito de tramitar e de ver as xestións coa Administración local sen colas nin horarios e con total transparencia.
Para máis información e inscricións, as persoas interesadas deberanse dirixir ao Departamento de Cultura do Concello de Boqueixón (981 513 115 // cultura@boqueixon.gal).