O Programa de Dinamización Xuvenil Val do Ulla 2019 organiza dúas novas propostas formativas que darán comezo esta semana. As actividades están dirixidas á mocidade de entre 14 e 30 anos dos Concellos de Boqueixón, Vedra e Vila de Cruces.
Así, e dentro da iniciativa Punto a Punto, porase en marcha este xoves 6 de xuño un Curso de Animación Musical el DJ. As sesións desenvolveranse tamén os días 13 e 20 de xuño en horario de 19.30 a 22.00 horas no Centro Municipal de Formación de Vedra (Casa da Estación do Tren de Santa Cruz de Ribadulla).
Xa dentro da iniciativa Posta a Punto, organízase un Obradoiro de Globoflexia. Este terá lugar o venres 7 de xuño ás 20.00 horas no Centro Municipal de Formación de Vedra.
A mocidade interesada en participar en calquera destas dúas propostas deberase poñer en contacto coas OMIX do Concello de Boqueixón (981 531 115 // omixboqueixon@gmail.com), de Vedra (981 814 691 // xuventude@concellodevedra.com), ou de Vila de Cruces (986 582 017 // concellodeviladecruces@gmail.com).