No DOG do 22 de maio do 2019 publícanse a Resolución do 3 de maio do 2019, da Secretaría Xeral de Igualdade, que establece a concesión de axudas á conciliación da vida familiar e laboral por redución da xornada de traballo, como medida de fomento da conciliación e a corresponsabilidade.
OBXECTO
Avanzar na Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, mediante incentivos para os traballadores que se acollan á reducción da súa xornada de traballo para a atención e coidado das súas fillas e fillos, así como para familias monoparentais, que precisen apoio específico para compaxinar vida laboral, persoal e familiar.
PERSOAS BENEFICIARIAS
Persoas físicas, homes e mulleres (neste último caso só si son familias monoparentais) que no período comprendido entre o 1 de xullo de 2018 e 30 de xuño de 2019, ambos incluídos, se acollan á medida de redución da súa xornada de traballo para o coidado de fillos e fillas menores de tres anos ou menores de 12 anos con discapacidade recoñecida de % igual ou superior ao 33 %.
En caso de adopción/acollemento familiar, non poderán ter transcorridos máis de tres anos desde a data da decisión administrativa ou xudicial e o fillo/filla terá que ser menor de 12 anos.
Ademais:
- Estar empadroado en Galicia, como mínimo desde o 1 de xaneiro de 2018 e seguir nesa situación durante todo o período subvencionado
- Convivir coa filla ou fillo
- Se for o caso, a persoa cónxuxe ou parella estar traballando e ter ingresos non superiores a 7 veces o IPREM segundo a declaración do IRPF con prazo de presentación vencido (2017)
AXUDAS
A contía das axudas establécese en función da porcentaxe de redución da xornada laboral e da súa duración, e en atención ao número de fillas e fillos menores de 12 anos, nun abano que vai desde 1.700 € e ata 3.700 €.
PRAZO
O prazo de presentación remata o 24 de xuño do 2019.
Calquera dúbida ou consulta poderase resolver chamando aos teléfonos da Secretaría Xeral de Igualdade: 981957783, 981 547397, 881 999163, 981957689 ou ben ao CIM de Boqueixón no teléfono 981513061 o correo electrónico cim@boqueixon.gal.