As eleccións locais do 26M celebradas onte no municipio de Boqueixón contaron cunha participación dun 72,93% do electorado chamado ás urnas, o que supuxo un total de 2.632 votos, tal e como se concreta na web do Ministerio do Interior. A abstención acadou o 27,07%, con 977 sufraxios non emitidos, mentres que houbo 48 votos en branco (1,86%) e 55 nulos (2,09%). Os resultados provisionais pódense consultar na web do Ministerio do Interior.
A Corporación municipal (11 escanos) resultante está composta por 7 edís do PP de Boqueixón e os 4 restantes, de Veciñ@s de Boqueixón. No primeiro caso, acadáronse un total de 1.453 votos (56,38%) e no segundo, 916 (35,55%). O partido Compromiso por Galicia quedou fóra da Corporación municipal, xa que só acadou 160 votos (6,21%).
O pleno de organización da Corporación terá lugar o vindeiro 15 de xuño. Estará composta polos seguintes edís:
- Manuel Fernández Munín (PP)
- José Manuel Canabal Vázquez (PP)
- Ana María Seijo Mosquera (PP)
- Marta Magina Copóns Neira (PP)
- José Manuel Iglesias Gómez (PP)
- Alejandro Bermúdez Devesa (PP)
- Jesús Sanjuás Mera (PP)
- Xabier Canabal Fernández (Veciñ@s)
- Iván Eirís Castro (Veciñ@s)
- Ángela Santasmarinas Lorenzo (Veciñ@s)
- María Carmen Soutullo Carolo (Veciñ@s)