O Concello de Boqueixón organiza un Roteiro de Plantas Medicinais, que terá lugar o vindeiro sábado 8 de xuño no Local social de Ponte Ledesma. Trátase dunha iniciativa coa que pretenden achegar á veciñanza a este tipo de produtos.
O programa de actividades deste roteiro comezará ás 17.00 horas cunha charla sobre plantas medicinais. Entre os temas atópanse detalles como mitos e realidades, recolección e conservación, usos e doses e precaucións sobre este tipo de plantas. A continuación, ás 18.30 horas, realizarase un roteiro guiado pola zona para todas as persoas asistentes.
A veciñanza interesada en asistir deberá inscribirse no Departamento de Cultura do Concello de Boqueixón, ben a través do teléfono 981 513 115, ben no enderezo electrónico cultura@boqueixon.gal.