O xurado do VI Certame de Relatos Xosé Neira Vilas vén de facer público o seu ditame. Composto por Fernando Redondo Neira, presidente da Fundación Neira Vilas; o profesor de Lingua a Literatura Galega do CPIP Antonio Orza Couto, Francisco Alexandre Pérez Rodríguez, e a bibliotecaria e arquiveira municipal, Beatriz Díaz Míguez, o xurado tivo en conta na súa valoración “a calidade formal, a creatividade a presentación” dos 123 traballos que participaron neste certame.
Logo de realizar a lectura de todos eles decidiron, por unanimidade outorgar os seguintes premios:
a) Primeira categoría (3º e 4º de Educación Primaria)
- 1º Premio: O conto dos contos, de María Puente Iglesias
- 2º Premio: As aventuras de Álvaro, de Álex Valdés Millán
- 3º Premio: A viaxe soñada, de Simón Rouco González
b) Segunda categoría (5º e 6º de Educación Primaria)
- 1º Premio: Non me arrepinto, de Arianne Ponte Regos
- 2º Premio: A porta máxica, de Andrea Torres Aldrey
- 3º Premio: O salón segredo de Neira Vilas, de Iria Rial Fontela
c) Terceira categoría (Educación Secundaria)
- 1º Premio: adeus, area, de María Crespo Cutrín
- 2º Premio: A carta, de Carlota Romay Soutullo
- 3º Premio: Por 100 pesetas, de Rubén Ferreiro Rendo
A entrega de premios terá lugar o vindeiro xoves 16 de maio ás 12.00 horas no salón de actos do CPIP Antonio Orza Couto do Forte. A actividade encádrase dentro da programación co gaio do Día das Letras Galegas desenvolvida polo Concello de Boqueixón.
Pódese consultar a acta do fallo do xurado no arquivo adxunto ou premendo aquí.