O Concello de Boqueixón vén de iniciar unha nova campaña de entrega de vales para as xardineiras apadriñadas e amadriñadas pola veciñanza. Así, as persoas rexistradas neste programa xa poden recoller nas dependencias da Casa do Concello 1 vale (por xardineira) para canxear por plantas de ornamentación.
As opcións de canxeo son as seguintes:
a) 10 plantas (petunia, begonia, tajete ou clavelina)
b) 5 plantas (surfinia, verbena, geranio ou guineana)
Os vales poderanse canxear ata o vindeiro 31 de xullo de 2019 nos seguintes viveiros:
- Isaac Fernández Prieto (Rodiño- Sergude)
- Viveiros Compostela SAT (A Corna- Pousada)
- Xardín Compostela, SL (Lestedo)
NOTA: Imprescindible presentar o DNI do padriño/madriña para a recollida do vale na Casa do Concello e para o canxeo por plantas no viveiro que elixan.