O programa Goza do Ulla inicia unha nova edición ofrecendo diferentes percorridos polos vinte concellos das provincias galegas bañadas por este río. Máis concretamente, esta proposta para amantes da natureza comezará o vindeiro 5 de maio e estenderase ata principios de novembro.
A xornada no municipio de Boqueixón terá lugar o vindeiro sábado 29 xuño cun percorrido polo Roteiro de Pescadores e Río Grande. O percorrido, de carácter lineal e dunhas dúas horas de duración, esténdese case 10 quilómetros e a dificultade é media-baixa.
O punto de encontro será a Capela de San Paio (na parroquia de Codeso) ás 10.30 horas. Dende alí, un autobús levará ás persoas participantes o inicio do percorrido, en Ponte Ledesma. Neste núcleo porase en valor o seu patrimonio etnográfico a través da Igrexa Parroquial Divino Salvador de Ledesma, a Ponte Vella de Ledesma e as Ínsuas de Gres sobre o río Ulla.
Neste punto comeza o Roteiro dos Pescadores, tramo de Rede Natura 2000, que ofrece unhas fermosas vistas do entorno natural ata a parroquia de Donas. Unha vez alí, o percorrido continuará polo Roteiro do Río Grande, que levará ás persoas participantes á Capela de San Paio (Codeso). Parada obrigada realizarase na fermosa Fervenza do río Pontillón.
A actividade é totalmente gratuíta, previa inscrición no Departamento de Turismo do Concello de Boqueixón. A reserva deberase realizar a través do correo electrónico boqueixonturismo@gmail.com ou no teléfono 981 513 061.
O resto de actividades comprendidas dentro do Goza do Ulla pódense consultar a través da fan page de Facebook deste programa https://www.facebook.com/GozadoUlla ou no documento adxunto que se pode descargar directamente premendo aquí.
Adxuntos
- FolletoGozaDoUlla2019 (2 MB)
- FolletoGozaDoUlla2019 (2 MB)
- FolletoGozaDoUlla2019 (2 MB)
- FolletoGozaDoUlla2019 (2 MB)