Os Concellos de Boqueixón e Vedra abrirán mañá o prazo de inscrición para os dous campamentos incluídos dentro de Acción de Verán’19. Ofértanse dous campamentos, un dirixido á poboación infantil e o outro, á xuvenil.
O custo é de 195 euros. As prazas son limitadas, tendo preferencia a mocidade empadroada. As persoas interesadas en formalizar a solicitude deberán presentar a ficha cuberta (que se pode descargar no arquivo adxunto ou premendo aquí) no Departamento de Cultura ou enviando un e-mail a cultura@boqueixon.gal entre os días 10 e 27 de abril. O resgardo de pagamento deberase entregar ata 10 días antes do comezo da actividade. Pódese solicitar máis información no teléfono 981 513 115.
A primeira das estancias diríxese á poboación infantil, nada entre os anos 2007 e 2010 (ambos incluídos). Desenvolverase entre o 24 de xuño e 1 de xullo no Camping de Cachadelos (Sanxenxo).
O segundo dos campamentos diríxese á poboación xuvenil nada entre 2003 e 2007, ambos incluídos. A estancia desenvolverase entre os días 5 e 12 xullo, tamén no Camping de Cachadelos (Sanxenxo). Os campamentos contemplan descontos segundo o número de fillos/as que se inscriban na mesma actividade.
Adxuntos
- ficha campamento 2019 - actualizada (198 kB)
- ficha campamento 2019 - actualizada (198 kB)
- ficha campamento 2019 - actualizada (198 kB)
- ficha campamento 2019 - actualizada (198 kB)