Publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 1 de abril a RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan e se convoca para o ano 2019 o Programa de axudas para a concesión de estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas.
REQUISITOS
- Ter fillas e fillos menores e/ou menores en acollida, exclusivamente ao seu cargo, con idades comprendidas entre 2 e 12 anos.
- Non convivir con parella afectiva
- Estar empadronada e ter residencia efectiva en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia. No caso de mulleres estranxeiras ter permiso de residencia e de traballo.
- Que os ingresos brutos mensuais da solicitante non superen o límite do importe de 1,5 veces o IPREM vixente.
- Non padecer ela ( nin os fillos/fillas menores e ou menores en acollida que a acompañen) enfermidades que requiran illamento e/ou impidan a normal convivencia.
OBXECTO
- Proporcionarlle ás persoas beneficiarias estadías de tempo libre, preferentemente entre finais do mes de xuño e principios do mes de setembro, incluíndo aloxamento en réxime de pensión completa, traslado de ida e volta desde o seu concello de residencia, servizo de monitorado e actividades complementarias. Todo elo gratuíto.
- A súa finalidade é facilitarlles un espazo e un tempo desligado da súa situación habitual e no cal poidan intercambiar experiencias a través da convivencia nun espazo de lecer, reforzando o seu vínculo materno-filial nun ambiente de seguridade, respecto e bo trato como modelo de convivencia.
PRAZOS
O prazo de presentación de solicitudes remata o 2 de maio de 2019.
Para a súa presentación poden contactar co Centro de Información á Muller de Boqueixón, chamando ó teléfono 981 513061 ou no correo electrónico cim@boqueixon.gal ou ben na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal e opcionalmente nos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo.